Os dous de sempre

20-01-2021

1934

Os dous de sempre é a única novela de Castelao. Foi publicada por vez primeira en 1934 na editorial Nós. En 1967 publicouna a editorial Galaxia.

A obra conta o percorrido vital de dous tipos: Pedriño e Rañolas. Ambos son fillos da miseria, se ben en distinto grao. Pedriño é o máis pequeno dos fillos dunha familia pobra que non sabe como saciar a fame deste comellón, polo que acaban mandándoo a vivir coa súa tía Ádega, quen adora o sobriño e fai o imposíbel por conseguir que aprenda un oficio. Rañolas é un eivado ao que lle faltan dúas pernas e procede dunha situación de miseria maior. Os dous botarán a andar pola vida de xeito ben distinto. Rañolas representa un ser humano idealista, mentres que Pedriño simboliza o ser humano realista.

Crie o seu site grátis! Este site foi criado com a Webnode. Crie o seu gratuitamente agora! Comece agora