Aos mozos galegos

Eu quero adicarvos esta miña primeira novela. Fíxena para derramar o tempo que me sobraba, máis que para sentir o gozo de crear unha peza de arte. Prestóume horas de vida feliz e xa me daría por satisfeito co que me divertín ao escrebila; pero foi maxinada con tanta ledicia e composta con tanto amor que algo terá de bó. Estóu seguro de que non é unha gran obra; pero é tan humán e tan miña que non podería oferecervos nada mellor.

Capítulo I

Lembranza da casa e dun pelo da tía Ádega.

Capítulo II

Un rapaz que sería quen de manxar a seu pai polas pernas.

Capítulo III

Pedriño, o manxador, válese do escrequenado Rañolas para encherse.

Capítulo IV

O rapaz escrequenado entra, baril, no mundo das miserias.

Capítulo V

O degoirado Pedriño, escravo do bandullo, ensúmese na ridiculería.

Capítulo VI

Pedriño tropeza no latín e fire as ilusións da tía Ádega.

Capítulo VII

As murchas ilusións da tía Ádega derrúmbanse de novo por unha rapazada de Pedriño.

Capítulo VIII

Rañolas pasou as fronteiras de Hespaña e comeza a ser home.

Capítulo IX

O malpocado Rañolas non pode criar callo na conciencia.

Capítulo X

Rañolas fuxe dos moinantes que o tiñan engaiolado.

Capítulo XI

Velaí vai un ialma grande metida nun corpo cativo.

Capítulo XII

Unha proba de tenrura de Rañolas.

Capítulo XIII

Rañolas e mailo afiador ourensán cólanse polos Pirineus.

Capítulo XIV

Cando volvemos atopar con Pedriño, encontrámolo endeble, como un prixel.

Capítulo XV

Pedriño pasou a ser un animal doméstico de luxo.

Capítulo XVI

A bondade da tía Ádega topa unha promesa de felicidade.

Capítulo XVII

Pedriño vaise da vila e tía Ádega sotérrase na soedade.

Capítulo XVIII

Pedriño entra no servizo da Facenda e chámase Pedro.

Capítulo XIX

O manxador queda mangado a unha nova vida.

Capítulo XX

Xustificación da xenreira que sinte Pedro polo seu xefe.

Capítulo XXI

Rañolas é un home arriscado, dino de ter movimento nas pernas.

Capítulo XXII

Todo París é de Rañolas.

Capítulo XXIII

Rañolas lémbrase de que ten unha patria.

Capítulo XXIV

Rañolas prepárase para ser feliz na súa terra.

Capítulo XXV

Adeus á vila de Pedriño e Rañolas.

Capítulo XXVI

A sogra que lle cadrou en sorte a Pedro.

Capítulo XXVII

A vida de Pedro é un inferno frío.

Capítulo XXVIII

Pedro sinte un pulo pecadente e nin tan siquera ten alma de pecador.

Capítulo XXIX

Dispois de moito tempo, xúntanse os dous de sempre.

Capítulo XXX

Rañolas é un xigante para o manxador abraiado.

Capítulo XXXI

Rañolas desfaise das pernas para conquerir aparencias de home.

Capítulo XXXII

O desasisado comellón cai na rateira.

Capítulo XXXIII

Siguen as desventuras de Pedro.

Capítulo XXXIV

Pedro toma pasaxe para América nun paquete alemán.

Capítulo XXXV

Dende a ría de Vigo ás Pampas arxentinas.

Capítulo XXXVI

Pedro tampouco sirve para comerciante.

Capítulo XXXVII

Pedro faise pegoreiro e ten menos chencha que o seu cabalo.

Capítulo XXXVIII

Fracasa o emigrante Pedro López.

Capítulo XXXIX

Pedro volve das Américas como un fol desinflado.

Capítulo XL

Pedro non atopa folganza para os seus anceios de folgar.

Capítulo XLI

Rañolas aínda vale máis como "profundador" que como reloxeiro.

Capítulo XLII

Rañolas endoudece na calma chicha da reloxería.

Capítulo XLIII

Doado remate de Pedro Lopez, o manxador.

Capítulo XLIV

Rañolas vai voar o mundo en frangullas.

Remate

O anarquista fixo cachizas o mundo e secomasí tornou a saí-lo sol ó seguinte día para que eu poidese escribir esta novela e para que ti poideses lela.

Que ben che preste, amigo, e deica outra.

Crie o seu site grátis! Este site foi criado com a Webnode. Crie o seu gratuitamente agora! Comece agora